Xerador de Orzamentos
Selecciona as tarifas e xera o documento para o cliente.
CIF: B70532338
Rúa San Roque, 13
15940 A Pobra do Caramiñal
ORZAMENTO
Data: 17/02/2026
REF: PIZ-2026-001
Por que elixir Akifibra?
Fibra rápida e sen líos
Conexión rápida e estable para traballar, estudar, xogar e ver series sen cortes. Instalación e router incluído para que todo funcione perfecto desde o primeiro día.
WiFi en toda a casa
Se a túa vivenda é grande ou hai zonas con pouca cobertura, instalamos repetidores profesionais para que teñas WiFi de calidade en todas as habitacións, non te deixamos tirado.
Plan B sempre listo
Se pasa algo (cae un poste, un camión arrinca o cable ou o teu can decide mordelo... 😂), deixámosche un router 4G en menos de 24 horas para que sigas conectado ata que reparemos a fibra. Tranquilidade total.
Fixo incluído
Se o precisas, incluímos liña fixa sen custo adicional, con chamadas ilimitadas a fixos nacionais e 60 minutos ao mes a móbiles. Ideal para casas e negocios que aínda utilizan o teléfono fixo.
Fibra + móbil, mellor prezo
Podes contratar só fibra ou combinala con móbil para aforrar máis. Todos os nosos móbiles inclúen Chamadas ilimitadas e datos suficientes para navegar con tranquilidade.
Sempre preto de ti
Somos unha empresa local: falas con persoas que te entenden. As facturas xerámolas nós, sen problemas nos cobros. Se precisas axuda, estamos aquí na túa vila e respondemos rápido.
Permanencia e equipos
Hai unha permanencia de 12 meses para cubrir a instalación gratuíta e o router. Se decides marchar antes (esperamos que non 😊):
- • Instalación: 145,20€ IVE incluído
- • Non devolver o router: 121€ IVE incluído
Só aplica en caso de baixa anticipada. Se te quedas connosco, non pagas nada disto.
Pizpireta Telecom: internet de aquí, para a nosa xente 🧡
Contacto
Teléfono
881 821 020
881 821 020
clientes@akifibra.com
Tenda: Fibra Pobra
Luns-Ven: 10:00-13:30 / 17:00-20:30
Sábado:
10:00-13:30
Tenda: Fibra Rianxo
Luns-Ven: 10:00-13:00 / Mar e Xov:
17:00-20:00
Sábado: 10:00-13:00